Remelexo

O sábado 24 de outubro, a Alianza Aresana de Ares acolle o espectáculo multidisciplinar Remelexo, do dúo Baraza, dentro do ciclo «Outono das Artes».

O dúo Baraza, integrado por Alberte (acordeón diatónico) e Uxía (frauta e voz), presenta en Ares a súa proposta multidisciplinar Remelexo. O espectáculo articula a interpretación musical en directo con recursos de vídeo e texto para narrar a historia de Diniña, un relato que serve de fío condutor para reflexionar sobre a vivencia e a pegada da emigración galega no Brasil.

A proposta constrúe unha ponte sonora entre as dúas beiras do Atlántico, entrealazando os códigos e ritmos da música tradicional galega coas influencias e melodías da tradición popular brasileira. Unha viaxe senestésica arredor da memoria colectiva, da morriña e do intercambio cultural froito dos fluxos migratorios histórico-comunitarios.

COMPARTE ESTE EVENTO

PODRÍA INTERESARTE ...

Remelexo
Os Xoves da Capela: Leticia Rey – «Danza Luz»
Les Printemps
Scroll al inicio