Las máscaras del fin del mundo

Libro orballo feito cos mesmos vimbios primixenios que trenzan o tempo – algo de culpa terá disto Merlín- ese tempo que nos atravesa imperceptible, pero que acaba por deixarnos feridas ...

Libro orballo feito cos mesmos vimbios primixenios que trenzan o tempo – algo de culpa terá disto Merlín- ese tempo que nos atravesa imperceptible, pero que acaba por deixarnos feridas, como doen ás veces as lembranzas alegres, mollándonos.

Cicatrices, necesarias ou inevitables, que forman parte da esencia ou do doloroso misterio da vida. Misterio no que navega sen urxencias Loureiro, ben nun barco de papel que se deixa levar pola augas dun humilde regato sen nome, ben a cabalo dos soños, da fe, do pequeno e consegue así o milagre de facer que fondas tristezas nos resulten luminosas, vitais.

Algo de poesía hai nesta aparente contradición, que non é outra cousa que aceptar a vida, non deixar de marabillarse por ela, polo voo dun cabaliño do demo.

Precioso libro invernal que pisa as enchoupadas terras do norte do norte, sempre indecisas entre abandonarse á morte ou á resurrección.