Bonsai

O día, máis ben a noite que Antón lle presentou Ana a Roque aínda non eran mozos e ela levaba un vestido dunha cor tan vital que facía esquecer o clásico do seu corte, uns lentes de cristais amplos, nunha montura de pasta ...

O día, máis ben a noite que Antón lle presentou Ana a Roque aínda non
eran mozos e ela levaba un vestido dunha cor tan vital que facía esquecer o clásico do seu corte, uns lentes de cristais amplos, nunha montura de pasta que facía xogo, por contraste, co vestido e ben visible, nunha das patillas, a marca,que as protexía de que alguén tivese a tentación de cualificalas coma vulgares.

O pelo falaba da meticulosidade e constancia do traballo da perruqueira, nun corte xuvenil, á moda daquel ano, pero deixando claro, a todos, que detrás daquela xuventude había algo que poderíamos chamar clase.

Despois de deixar a Ana diante da cancela da súa casa de verán, na última copa da volta, Roque dixéralle que Ana lle resultara curiosa. A Antón non lle pareceu arriscado pedir aclaracións a aquel adxectivo.

A él non lle desagradara a idea, pois deixando a un lado a crueldade da poda, que é a razón de ser dos bonsais, a el aportáballe unha idea de permanencia que interpretaba como confianza, estabilidade.

Despois de engruñar os ombros e darlle un insatisfactorio papado a un gin tonic, xa cos xeos desfeitos, aclaroulle.- É guapa e parece boa nacha, pero durante toda a noite tiven a sensación, non sei como dicirche, de estar falando cun bonsai de señora.

A el non lle desagradara a idea, pois deixando a un lado a crueldade da poda, que é a razón de ser dos bonsais, a el aportáballe unha idea de permanencia que interpretaba como confianza, estabilidade. Isto convenceuno do que xa viña supoñendo, que aquela era a muller da súa vida.